sábado, 1 de xullo de 2017

Ditos, refráns, lendas e tradicións da Mariña


Este é o resultado do traballo que fixemos durante o ano. Recollemos ditos, refráns, lendas e tradicións da Mariña, Para iso contamos coa colaboración coas familias dos 367 alumnos e alumnas do colexio. Grazas a tod@s pola vosa colaboración

domingo, 25 de xuño de 2017

Kizoa Editar Videos - Movie Maker: Uns turistas moi despistados

3ºA representou unha obra moi simpática tendo a comarca da Mariña como esceario perfecto. Xenial!!

A primavera das flores e das cores

A clase de 6ºB representou "A primaver das cores e das flores". Fixérono fenomenal!

Kizoa Editar Videos - Movie Maker: unha ratiña moi presumida





 Os nenos e nenas de 6ºA de Infantil representaron a obra Unha ratiña moi presumida" que nos fixo rin moito. Moi ben!!! Foi a primeira das obras que vimos o venres 23, para despedir este curso 2016/2017



Kizoa Editar Videos - Movie Maker: Presentación traballos comarca A Mariña

Un pequeno resumo da presentación dos traballos que ao longo do curso fixeron os alumnos e alumnos do Ceip Virxe do Carme sobre A Mariña. Mondoñedo, Trabada, Cervo, Foz, Lourenzá , Ribadeo e Burela fornon os concellos elixidos. E o resultado non puido ser mellor. Noraboa ás titoras e ao alumnado!!

sábado, 24 de xuño de 2017


Os nenos e nenas de 3º curso despídense da súa colaboración por este ano co Proxecto Neo. Foi unha experiencia moi interesante e prometen seguir. E teñen moitas ganas de por facer unha visita a Radio Burela para ver de primeira man como é unha emisora de radio.

venres, 23 de xuño de 2017

E rematou o cole!!. As aulas quedan baleiras ata o próximo mes de setembro. Agora toca descansar despois de traballar moito durante todo o ano. Parabéns a mamás, papás, mestres e mestras, persoal do comedor, conserxe, persoal de limpeza, traballador@s do concello.Todo o mundo é necesario para que o colexio funcione. 
Estes días estivemos moi ataread@s preparando o fin deste curso 2016/2017. Iremos poñendo algo do que fixemos, que foi moito. Ata o próximo curso 2017/2018.