xoves, 27 de abril de 2017

Apadriñamentos lectores Virxe do Carme 2ª parte



E aquí temos outra entrega dos apadriñamentos lectores. Nenas e nenos de 6º contándolle o seu conto aos seus afillados/as de 2º curso

mércores, 26 de abril de 2017

Neste video vemos o momento máis importante desta actividade. Cada padriño e madriña co seu afillado ou afillada. A historia comeza a andar.
O 24 de maio celebramos o Día do Libro. Para iso todo o colexio participou nos Apadriñamentos Lectores. Os nenos e nenas máis maiores leron libros aos máis pequenos. Intercambiáronse tamén agasallos (un precioso marcapáxinas feito con todo o cariño). Aquí podedes ver un pequeno resumo do apadriñamento das clases de quinto para as clases de segundo. Unha actividade proveitoso e moi fermosa.



martes, 18 de abril de 2017

Hoxe visitounos Xosé López, que nos mostrou como facían os seus xoguetes e como xogaban os nenos e nenas que hoxe son os nosos pais, nais ,avós e avoas. A verdade é que foi divertidísimo!!.

 

luns, 17 de abril de 2017


E os nenos e nenas de 5ºA de Infantil recitan "Viaxe polo Aire". Temos canteira poética neste colexio.



E que dicir destas nenas e destes nenos de Educación Infantil?. Unha nova ocasión de escoitar un dos poemas máis famosos da nosa escritora máis universal nas voces da nosa xente máis menuda.