venres, 19 de maio de 2017

LETRASGALEGAS 2017

Onte,18 de maio celebramos a Festa das Letras . Como xa fixemos o ano pasado trasladámonos para a celebración á Casa da  Cultura. Así teríamos máis espazo e poderiamos estar acompañados por nais, pais, avós, avoas e demáis xente que se achegou a vernos.
Foi moi emocionante poder estar acompañados nesta ocasión tan especial. Aquí temos un pequeno resumo do que vivimos onte.


 

sábado, 6 de maio de 2017



Outra participación de 3ºB nun novo programa de Voces do Mundo. Modelo Burela. Aquí esta a súa aportación.

luns, 1 de maio de 2017

O venres 28 de abril visitounos Iago López para contarnos a historia do cociñeiro Martiño aos  nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria. Pasárono en grande!!






O xoves 27 de abril fixemos a entrega de diplomas e agasallos do Concurso "Que libro é". Como xa é o segundo ano desta actividade, todo o alumnado estivo moi atento para poder averiguar o título do libro . Cada día había unha pista que ler e deducir de que libro se trataba. Aínda que só podía gañar unha clase todos os curso recibiron  un diploma e un agasallo, un libro para a súa clase. Aquí vos deixamos unha selección de fotos da entrega de premios de 1º e 2º curso.
 
 A profe Carmen Vila, coordinadora da Biblioteca, contounos que a nosa mascota Carmiña estaba moi emocionada por ver a tantos nenos e nenas na Biblioteca.






 A clase de 2ºB foi a gañadora para 1º e 2º.