xoves, 30 de abril de 2015

A MIÑA PALABRA EN GALEGO

Unha das actividades para este curso propostas polo Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Virxe do Carme foi a de escoller a palabra galega que máis nos gusta. E a verdade é que hai moitas despois da resposta de toda a comunidade escolar.

Amizade, axóuxere, brincar, bolboreta, deligras, enxugar, fervenza, lucecú, pinchacarneiro, tona, xuntanza...

Nos próximos días iremos subindo aquelas palabras ás que máis lles queremos.

luns, 6 de abril de 2015

No día de Rosalía, o pasado mes de febreiro, ademáis de ler fixemos debuxos para acompañar os poemas da nosa poetisa.




Os días previos ao Entroido animámonos vindo ao cole cada un co seu complemento