martes, 28 de febreiro de 2017

24 DE FEBREIRO, DIA DE ROSALÍA




Pero este venres 24 non foi só o desfile de entroido. Celebrábase o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. E no colexio tamén nos lembramos dela. Un pequeno anticipo fixérono os nenos e nenas de 3º, que leron dous poemiñas dela. Pasa, río, pasa e Adíos ríos, adiós fontes. As grabacións de audio podedes escoitalas en Proxecto Neo e Modelo Burela en Radio Burela. Aqui vos deixamos o videopoema que nos fixeron os nenos e nenas de 3ºB









AS TROPAS IMPERIAIS E DARTH VADER



E para rematar o desfile nada máis e nada menos que o Lord Comadante Darth Vader e o seu exército imperial. Pero tranquilo todo o mundo porque este exército só ataca ás filloas, orellas, rosquiñas e demais postres de Entroido. 6º desfila.








SUPERMARIO E LUIGGI

Os nenos e nenas de 5º de Primaria escolleron os personaxes de Supermario e Luiggi. Quedaron moi ben caracterizados.


Batman e Batgirl

A rapazada de 4º decidiuse disfrazar de Batman e Batgirl. Que temblen os malos, malotes!!!


OS BOLECHAS DE 3º

Os Bolechas non quixeron perderse o noso desfile. Os nenos e nenas de 3º convírtense na familia máis divertida da Televisión de Galicia. Con mascotas incluídas!!


WALLY NA MARIÑA



E recibimos con moita emoción a Wally, que se acercou á nosa comarca para coñecernos mellor.





OS PITUFOS E PITUFAS DE 6º DE INFANTIL


Toda a pitufada de cinco anos desfila con ilusión. O mundo multicolor deriva en azul




A ABELLA MAYA



"Nun pais multicolor naceu unha abella baixo o sol". Tócalle o turno ao alumnado de 5º de Infantil



DESFILAN OS ANANIÑOS, BRANCANEVES, A MADRASTRA E O PRINCIPE




Os nenos e nenas de 4º de Infantil desfilando diante do resto de cursos e de seus pais e nais.




E chegou o día do Desfile. Todo o colexio estaba entusiasmado. Por fin era o momento de mostrar ao resto de compañeiros e compañeiras o resultado de tanto esforzo: Brancaneves, a Madrastra e o Príncipe cos seus ananiños, As Abelliñas Maya, Os Pitufos, Wally visita a Mariña, Os Bolechas, Batman e Batgirl, Supermario e Luiggi e por fin Darth Vades e as Tropas Imperiais. Todo un derroche de imaxinación por parte de profes e alumnado. Aqui vemos aos nenos e nenas de 1º e 2º antes de entrar no pavillón




Entroido 2017: Os mandatos do Meco



Nos días previos ao Desfile o Meco foinos indicando que elemento tiñamos que levar cada día: Algo no pescozo, a cara pintada, algo na cabeza...
Foi moi divertido!!!






Unha visita sorpresa

O día 13 de febreiro o alumnado de 3º B recibiu a vista do alumnado do CEIP de A Pontenova xunto coa súa profesora Manuela. Dende principio de curso venen tiveron contacto vía postal e ese día coñecéronse persoalmente. Foi unha sorpresa moi agradable.


xoves, 9 de febreiro de 2017

III CONCURSO
DEBUXA A TÚA PORTADA

Xa está en marcha o noso III concurso para buscar a portada e contraportada da revista "O Nordés". Este ano como novidade temos a participación do alumnado de Infantil. Tedes ata o mes de abril para facer a portada máis chula.




venres, 3 de febreiro de 2017

"Cando a Candeloria chora ,medio inverno está fóra. Que chore, que deixe do chorar, medio inverno está por pasar". Este vello refrán lémbranos a festa das Candeas, a festa da luz. E lémbranos que estamos comezando febreiro. O inverno empeza a despedirse. E neste día, segundo a sabiduría popular, cásanse os paxariños. Pronto veremos no patio pola mañá a actividade frenética das aves que aniñan no noso colexio: gorrións, lavandeiras, pombas... facendo os seus niños. 
No libro AS AVES de Carlos Silvar, que podemos atopar na nosa biblioteca, podemos aprender moitas cousas delas.

mércores, 1 de febreiro de 2017

Durante estes días os nosos mestres e mestras leron nas clases tres pequenos contos do libro 
"A galiña Azul" de Carlos Casares. A historia dunha galiña singular, de cor azul, e a historia dunha bomba que cando estoura trae unha grande felicidade. A partir da súa lectura cada clase vai traballar de maneira gráfica, oral e escrita estes contos.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo fixeron a súa particular versión da Bomba da Felicidade.


30 de xaneiro: Celebramos a paz




     Este luns, 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cantando. 
 Tod@s xunt@s cantamos a canción "Quérote máis" Do Sonoro Maxín. Ademáis cantamos outrostemas relacionados coa paz e convivenvia que ensaiamos na clase de música co profe Jesús