venres, 31 de marzo de 2017

Nova colaboración dos nenos e nenas de 3ºB en Radio Burela



Aproveitando que o 21de abril era o día da poesía, os neno e nenas de 3ºB fixeron unha pequena grabación de poemas para conmemorar o día. E enviárono aos amigos de Proxecto Neo e Modelo Burela. A partir do minuto 35 podemos oilos, pero todo o programa é moi interesante
 

mércores, 29 de marzo de 2017



Outro videopoema adicado a Rosalía. Neste caso son os nenos e nenas de 4º A de Infantil. Neste caso non recitan, senon que nos cantan a canción basada no poema "Vamos bebendo" do libro Follas novas.


venres, 24 de marzo de 2017


Aquí está un novo video da homenaxe das nenas e nenos de 4ºB de Infantil a Rosalía de Castro. Están feitos uns artistas!



xoves, 23 de marzo de 2017

BATUKO TABANKA NO COLEXIO

Onte tivemos a sorte de recibir a actuación do grupo caboverdiano Batuko Tabanka. Os ritmos africanos destas mulleres foron un éxito e os nenos e nenas do noso colexio disfrutaron moito da súa música. Galicia e Caboverde unidas pola música.





venres, 10 de marzo de 2017

VIDEOPOEMA DE 5ºA

XAN

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a podá-las viñas,
Xan vai a apañá-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.
Pepa, a fertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentras seu home traballa,
ela lava os pes no rego,
cátalle as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira si hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, que agachado
traillo en baixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela xa o espera antre as mantas,
i ó velo entrar dille quedo:
¿Pois qué tes, ña mulleriña?
-¿Qué hei de ter? Deita eses nenos,
que esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
-Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio que aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentras os meniños deito.

De bágoas se enchen os ollos
de Xan ó ver tales feitos;

mas non temás, que antre mil
n'hai máis que un anxo antre os demos;
n'hai máis que un atormentado
antre mil que dan tormentos. 
Follas Novas. Rosalía de Castro 

xoves, 2 de marzo de 2017

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES...

Outro videopoema adicado á nosa escritora máis universal este realizado polo alumnado de 3º A. Nenos e nenas recitan o poema do libro Cantares Gallegos, "Adiós ríos, adiós fontes". Nos próximos días iremos subindo o resto de videopoemas que fomos grabando co alumnado de Infantil e Primaria. Porque o día de Rosalía non é so o 24 de febreiro.