"Cando a Candeloria chora ,medio inverno está fóra. Que chore, que deixe do chorar, medio inverno está por pasar". Este vello refrán lémbranos a festa das Candeas, a festa da luz. E lémbranos que estamos comezando febreiro. O inverno empeza a despedirse. E neste día, segundo a sabiduría popular, cásanse os paxariños. Pronto veremos no patio pola mañá a actividade frenética das aves que aniñan no noso colexio: gorrións, lavandeiras, pombas... facendo os seus niños.
No libro AS AVES de Carlos Silvar, que podemos atopar na nosa biblioteca, podemos aprender moitas cousas delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario