luns, 1 de maio de 2017

O xoves 27 de abril fixemos a entrega de diplomas e agasallos do Concurso "Que libro é". Como xa é o segundo ano desta actividade, todo o alumnado estivo moi atento para poder averiguar o título do libro . Cada día había unha pista que ler e deducir de que libro se trataba. Aínda que só podía gañar unha clase todos os curso recibiron  un diploma e un agasallo, un libro para a súa clase. Aquí vos deixamos unha selección de fotos da entrega de premios de 1º e 2º curso.
 
 A profe Carmen Vila, coordinadora da Biblioteca, contounos que a nosa mascota Carmiña estaba moi emocionada por ver a tantos nenos e nenas na Biblioteca.






 A clase de 2ºB foi a gañadora para 1º e 2º.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario