xoves, 30 de abril de 2015

A MIÑA PALABRA EN GALEGO

Unha das actividades para este curso propostas polo Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Virxe do Carme foi a de escoller a palabra galega que máis nos gusta. E a verdade é que hai moitas despois da resposta de toda a comunidade escolar.

Amizade, axóuxere, brincar, bolboreta, deligras, enxugar, fervenza, lucecú, pinchacarneiro, tona, xuntanza...

Nos próximos días iremos subindo aquelas palabras ás que máis lles queremos.

luns, 6 de abril de 2015

No día de Rosalía, o pasado mes de febreiro, ademáis de ler fixemos debuxos para acompañar os poemas da nosa poetisa.




Os días previos ao Entroido animámonos vindo ao cole cada un co seu complemento






mércores, 21 de xaneiro de 2015

BENVID@S

O blog do ENL do Virxe do Carme inicia aquí a súa andaina. E facémolo da mellor maneira. Porque a música sempre é unha boa excusa para comezar.
Esta canción de Pete Seeger na súa versión galega fálanos dun mundo de paz.

Unha canción para a paz

http://youtu.be/bbC2zunIxtE